En portadaÚltima hora

Chaveiros e sorteos para celebrar o Día do Pai no CCA O Barco

Esta asociación desenvolve a campaña "Con P Pai", cun expositor na praza do Concello

 

Cunha orixinal campaña e, a pé de rúa, está a celebrar o Día do Pai, 19 de marzo, O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). A asociación instalou un expositor xunto ao Concello Vello da vila no que, entre as 10:30h. e as 13:30h. deste martes regalaranse chaveiros (ata fin de existencias)

Para facerse co chaveiro “é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día”, indican dende a asociación, adiantando que serán depositados nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50€ cada un, para investir nos establecementos asociados.

O sorteo desta campaña, chamada “Con P de Pai”, celebrarase este 19 marzo. As persoas premiadas serán avisadas por teléfono e o seu nome será publicado en redes sociais.

Fotos: A.R.

Máis información sobre o Día do Pai

19 de marzo, un día para render homenaxe á figura paterna

Artigos relacionados

Back to top button