OurenseÚltima hora

A CHMS e o Concello de Ourense ampliarán a senda do Miño dende Outariz

O proxecto extenderá cinco quilómetros o sendeiro e prevese que teña un custo de 500.000 euros
Jesús Vázquez e Francisco Marín. // Foto: Carlos Asensio.

A senda peonil que transcorre pola marxe dereita do Miño entre Outariz e a N-120, en Ourense, terá unha continuidade de 5 quilómetros máis grazas a un convenio que hoxe, 30 de outubro, asinaron o Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

A rúbrica realizouse no Salón de Plenos do consistorio entre o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o presidente do organismo de conca, Francisco Marín. Segundo explicaron ambos dirixente , este paseo “non continuaba augas abaixo dende a pasarela de Outariz”. Francisco Marín aclarou que esa continuidade non está nin na marxe dereita, onde a orografía e a estrada OU-402 o impiden, nin na dereita, onde hai varios tramos salteados que permitirán prolongar eses 5 quilómetros até a N-120.

En canto ao tema do financiamento, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que as actuacións terán un custo de 500.000 euros “que será pagado ao 50% por ambas as dúas administracións”.

Francisco Marín sinalou que estas actuacións “permitirán o acceso e a conexión a varias zonas de carácter lúdico e tamén permitirá á xente que fai deporte en bicicleta, correndo ou incluso paseando, poidan gozar dese área”. Asemade, o presidente do organismo de conca asegurou que o proxecto técnico vai ser redactado para coñecer con exactitude as necesidades e o orzamento de execución “e someterase a exposición pública como paso previo da sinatura do Convenio definitivo”, explicou.

Artigos relacionados

Back to top button