CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Cholo e Nela, en Sobradelo

Esta localidade valdeorresa acollerá as Convivencias de Educación Infantil o 28 de maio
Imaxe da pasada edición desta convivencia infantil.
Imaxe da pasada edición desta convivencia infantil.

Un ano máis, Cholo e Nela, mascotas das Convivencias de Educación Infantil, pasarán unha xornada lúdico-educativa cos nenos da parte oriental da provincia de Ourense. Nesta ocasión será o colexio de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) quen acolla o encontro o mércores 28 de maio, no que se espera contar con entre 600 e 700 nenos de toda a contorna.

“Cholo e Nela de cine” será o conto motivador sobre o que xirará a xornada, preparando para a ocasión todo tipo de actividades relacionadas coa sétima arte, facendo un percorrido pola historia e características do cine e tódolos xéneros: mudo, musical, western, ciencia ficción e por suposto, animación.

A falta dun mes para a data fixada, dende a organización están perfilando o que será o programa que seguirá o mesmo esquema doutras edicións. En torno ás 11h. Cholo e Nela serán recibidos polos cativos, nais e profesores de tódolos centros participantes, e a partires de aí sucederanse as actividades. Haberá cancións, rotacións polos distintos obradoiros, exhibicións, inchables e moita animación para que tódolos nenos participen nos distintos xogos.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button