OurenseÚltima hora

O Cineclube Padre Feijóo proxecta o filme xaponés “Your Name” este luns

Fotograma da película.

Arranca a semana cinematográfica en Ourense co Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijóo. Desta volta, con cinema nipón. Este luns, 29 de xaneiro, no auditorio da Biblioteca Pública-Casa da Cultura os espectadores poderán gozar do filme de animación “Your Name” (O teu nome) do director xaponés Makoto Shinkai.

Considerado pola crítica internacional como “o principal sucesor do mestre Mayao Miyazaki”, di que é fácil rastrear a súa influencia nos trazos das personaxes, a descrición das paisaxes e o interese pola vida cotiá nesta ocasión da vida moderna, tanto urbana como rural.

A historia está centrada nunha parella de adolescentes, Taki e Mitsusha, que descobren un día que durante o soño que os seus corpos intercámbianse e comezan a comunicarse por medio de notas. A medida que conseguen superar torpemente un reto tras outro. Vaise creando un vínculo que pouco a pouco convertese en algo máis romántico.

https://www.youtube.com/watch?v=zmM3ap_IRu4

A proxección farase nun pase ás 20:30 horas e outro ás 23:00. A entrada é de dous euros para os asociados e 2,50 para o público xeral.

 

Artigos relacionados

Back to top button