EconomíaEconomíaÚltima hora

Cita coa cervexa artesá e coa artesanía, do 15 ao 17 de setembro en Verín

Publicidade
A feira instalarase na praza Maior e nela participarán seis elaboradores galegos e doutros puntos de España
Presentación da III Feira da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval de Verín./ Foto: Concello de Verín.

Degustar cervexas artesás e achegarse á artesanía será posible de maneira conxunta na fin de semana do 15 ao 17 de setembro en Verín. A praza Maior da vila acollerá nesas datas a III Feira da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval, organizada por Adiccag en colaboración co Concello de Verín.

A concelleira de Turismo de Verín, Purificación Caldelas, e o director de Adiccag (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá), Pablo Casanova, presentaban na mañá do 12 de setembro na casa consistorial o programa deste evento. Dende a área de Turismo de Verín faise unha firme aposta por consolidar esta iniciativa xa que, “ademais do importante labor de promoción gastronómica que realiza Adiccag da cervexa artesá, cremos que esta feira é tamén unha excelente oportunidade para poñer en valor os nosos produtos artesanais e dinamizar o comercio local”, aseguraba Purificación Caldelas.

Pola súa banda, o director de Adiccag explicaba que na feira estarán presentes seis fabricantes de cervexa artesá: Cervexa Monte Rei (Verín), Cervexa O Corvo (Vilanova De Arousa), Cervexa Celebridade Galega (Verín), Cervexa Chopps (Laza), Cervexa La Siberia (Estremadura) e Cervexa La Verbena (Valdemoro-Madrid).

Casanova incidía en que a mostra contará ademais con numerosos postos de artesanía medieval “entre os que haberá artesáns da comarca de Verín” e tamén con varios stands de comida variados “como pode ser polbo, mexillóns, empanada ou diversos productos ecolóxicos”. En canto ás actuacións musicais, Dj “Crossfighter” amenizará a xornada do sábado 16, a partir das 20:00 horas; e o “Grupo Samba”, poñerá o broche musical o domingo 17, a partir das 19:00 horas.

 

Cartel do evento.

 

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda. Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta con 8 espazos que irá cubrindo cos selos dos seis fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta e, o domingo o terminar a actuación musical, realizarase un sorteo entre todos os participantes que achan completado o cartón no que se lle entregarán 8 packs de cervexa. Tamén se sortearán multitude de sobres con ordes de compra achegados polos comercios de Verín doados os establecementos de Verín.


O PROGRAMA

Venres 15
17:00 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.
19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.

Sábado 16
11:00 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.
12:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.
17:00 h: Curso de elaboración de cervexa artesá impartido por “Cervexa A Verbena” (gratuíto).
19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.
20:00 h: Animación musical a cargo do dj “Crossfighter”.

Domingo 17
11:00 h: Apertura das stands de cervexa e artesanía.
12:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.
19:00 h: Cocción de mexillóns ao vapor e apertura dos postos gastronómicos.
19:00 h: Animación musical a cargo do “Grupo Samba”.

Artigos relacionados

Back to top button