En portadaGalerías de fotos

Clases na serra de Manzaneda

Os días 10 e 11 de outubro impartíase neste concello ourensán un curso sobre cartografía, orientación e manexo de GPS

Da teoría á práctica. O local de Protección Civil de Manzaneda e a serra deste municipio convertíanse en escenario do “Curso de Cartografía, Orientación e Manexo de GPS” que se impartía os días 10 e 11 de outubro.

Nesta acción formativa, promovida e organizada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e polo Concello de Manzaneda, participaban voluntarios das Agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, Culleredo, Cuntis, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, voluntarios da Cruz Roja de Verín e membros do GES de Castro Caldelas.

As clases comezaban no citado local de Protección Civil e as prácticas de campo levábanse a cabo na paraxe de Os Penedos da Rodela, A Escrita e A Chaira das Lamas, preto da Estación de Montaña de Manzaneda. O curso foi impartido por Ulloa de Salvamento, Escuela de Formación, e conta coa homologación provisional de AGASP.

Dende a organización agradeceuse aos asistentes “a súa dedicación e esforzo por participar unha vez máis nos cursos que promove AVPC e o Concello de Manzaneda para formar aos seus voluntarios/as e a todos/as aqueles que se queren sumar as iniciativas promovidas”. Tamén se facía extensivo ese agradecemento a Ulloa de Salvamento pola “súa entrega para acadar o máis alto nivel formativo”.

Fotos: Clemente Pérez Arias

Artigos relacionados

Back to top button