Se gañaba o partido contra o Ponvedra B e os seus rivais directos (Atios e Céltiga) empataban, o CD Barco podería celebrar na tarde deste domingo 27 de abril o regreso a Terceira. E con esa idea saltaban ao terreo de xogo, disputando un intenso partido cun final de infarto que non chegaba para lograr o obxectivo.
Tralo saque de honra de Esperanza e o minuto de silencio en memoria de “Juanín”, daba comezo o partido que se poñía de costas para os locais xa no minuto 10 co gol visitante. A partir de aí comezaba unha intensa loita, especialmente agresiva por parte dos vermellos que non daban coa porta rival.
De feito xa se daba o partido por perdido ata que, no minuto 90, rozando o final, Pazos lograba o empate co conseguinte reparto de puntos. No seu partido, o Céltiga vencía 0-1 ao Atios.
O seguinte encontro será de novo en casa para o CD Barco que pechará a tempada diante da afección contra o Verín CF. E xa o último partido de liga será a domicilio, no campo do Atlético Matamá.
Fotos: Carlos G. Hervella.