En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Colleita de Grandes Ouros e premios Ampelos para as DD.OO. da Galicia interior

Estes galardóns, froito dos resultados acadados na “Guía dos Viños de Galicia”, entregábanse nunha cea de gala na Coruña

Nunha cea de gala que congregaba a case 200 persoas no restaurante do Hesperia Finisterre da Coruña na noite do 15 de xuño facíase entrega das medallas aos Grandes Ouros da “Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia”, que dirixe Luis Paadín. Eran viños elaborados por medio cento de adegas galegas, cuxos representantes estaban neste acto organizado por Servino Consulting, editora da obra.

Ademais dezaseis adegas galegas recibían o “Ampelos”, unha escultura conmemorativa coa que “a Guía recoñece a partires deste ano a aquelas adegas con 5 ou máis Grandes Ouros nas sucesivas añadas”, explican dende Servino. A peza que se lles entregaba aos adegueiros como recoñecemento reproduce a pequena escala un conxunto escultórico de época romana atopado na comarca de Monterrei e que representa a Baco (deus romano do viño) bébedo e asistido polo seu discípulo “Ampeolos”.

As adegas e colleiteiros galardoados no 2018 por denominación de orixe son os seguintes:

D.O. Monterrei
Bodegas Quinta da Muradella – Bodegas Castro de Lobarzán – Adegas Crego e Monaguillo

D.O Valdeorras
Adegas Alán – Adegas A Coroa – Bodegas Santa Marta – Bodega Godeval – José Luis Aristegui Anido – Bodega Rafael Palacios

D.O. Ribeira Sacra
Adega Algueira

D.O. Ribeiro
Luis Anxo Rodríguez Vázquez – Casal de Armán – Coto de Gomariz

D.O. Rías Baixas
Bodegas Palacio de Fefiñanes – Adegas Valmiñor – Pazo de Señoráns

Antes da cea os asistentes tiñan a posibilidade de degustar todos os viños e destilados premiados, que ademais acompañaban na mesa aos pratos servidos durante a cea.

Fotos cedidas por Cepas y Vinos.

Máis información e fotos:
https://osil.info/as-adegas-da-d-o-valdeorras-dominan-nos-premios-ampelos/

Artigos relacionados

Back to top button