EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

As adegas da D.O. Valdeorras dominan nos premios Ampelos

Estes galardóns outorgábanse no decurso da cea de gala dos “Grandes Ouros de Galicia”, organizada por Servino na Coruña, e na que tamén se facía entrega das distincións da “Guía de Viños de Galicia”

O salón principal do Hotel Finisterre da Coruña acollía na noite do 15 de xuño a “Cena de gala de los Grandes Oros de Galicia”, organizada por SERVINO, sociedade consultora especializada no asesoramiento, formación, cata e selección de viños, dirixida polo mestre catador Luis Paadín e o seu fillo Alex. Nela entregábase a maior das distincións que outorga a “Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia” que a familia Paadín vén elaborando dende o ano 2013, que está entre as cinco mellores guías do mundo, e que foi merecedora entre outros galardóns o da mellor guía de España.

Este excelente e completísimo traballo profesional cunha chea de datos de interese arredor do viño e das nosas comarcas con D.O., non só está feito para ser comprendido polo consumidor que simplemente busque desfrutar, sen precisar de coñecemento ningún, senón que conta coa máxima obxectividade ao ser catados e clasificados todos os viños en catas cegas por expertos catadores e recoñecidos profesionais, disipando ademais influencias motivadas por patrocinadores – a guía carece de publicidade – nin mais subvención que o apoio dos mecenas que colaboran coa edición.

Deste xeito, cada ano SERVINO outorga as distinciós de PRATA, OURO E GRAN OURO aos viños e licores galegos, festexando a entrega destes recoñecementos nunha CEA DE GALA á que precede unha completa degustación dos máis laureados e facendo entrega dos premios no que vén sendo o equivalente os premios “Óscar dos viños galegos”.

Acadaron a mención de GRAN ORO no último ano un total de 16 viños e dous augardentes de Valdeorras:

200 Cestos 2016 – Adega A Coroa
Avancia 2016 – Adega Avancia
Lagar do Cigur Barrica 2013 – Adega Melillas e Filllos
Fardelas de Viñaredo 2015 – Adega Santa Marta
Finca Trasdairelas 2015 – Adega Joaquín Rebolledo
Godeval REVIVAL 2014 – Adega Godeval
Guitián + 50 Meses 2011 – Adega A Tapada
As Caborcas 2013 – Adega Ladera Sagrada
Escada 2015 – Adega Alán de Val
Escada Lembranzas 2015 – Adega Alán de Val
Finca A Mata 2015 – Adega Carballal
Maldito 2016 – Adega Carballal
Memoria de Ventura Garnacha Tintorera 2014 – Adega da Pinguela
Traste 2015 – Adega José Luis Arístegui Anido
As Sortes 2015 – Adega Rafael Palacios
Vella de Chaira do Ramiriño 2015 – Adega Sampayolo
Augardente Mosteiro de Xagoaza – Adega Godeval
Augardente Mosteiro de Xagoaza – Adega Godeval

Neste evento, concedeuse a mención especial, AMPELOS, nome inspirado na “Ampelografía” do grego “ampelos: viño” e “grafos: clasificación”, as Adegas que en cinco das seis edicións celebradas obtiveron a mención de cinco Grandes Ouros, pretendendo deste xeito destacar e recoñecer de xeito especial a permanente superación, “bo facer” e innovación nos traballos de viticultura e vinicultura co resultado de excelencia.

Nesta clasificación é destacable o nivel acadado po las Adegas de VALDEORRAS, que figura á cabeza con 45 distincións, 43 por viños e dúas por licores; seguida das D.O. Ribeiro (24), Monterrei (20), D.O. Rias Biaxas (19) e D.O. Ribeira Sacra (9).

Foron seis as adegas da D.O. Valdeorras que mereceron a distinción AMPELOS este ano, entrando nese grupo para o que, como xa se dixo, é preciso acadar un mínimo de CINCO Grandes Oros nas seis ediciós nas que se leva editando a guía. Estas son:

Adega Alan de Val
Adega A Coroa
Adega Santa Marta
Adega Godeval
Adega José Luis Arístegui Anido
Adega Rafael Palacios

Ao evento, perfectamente organizado, asistiron 160 persoas que poideron cambiar impresións directamente con adegueiros, enólogos e demais expertos, descubrindo sensacións, atopando auténticos tesouros e constatando unha vez máis a evidente realidade do salto de calidade que se vén producindo dende xa fai anos nos viños galegos “tanto brancos como tintos” nas distintas variedades autóctonas das nosas DD.OO.

Temos uns productos consolidados cunha calidade máis que contrastada que pode competir con calquera do mercado, e carece de fundamento a baixa autoestima que deles se ten infundadamente, dende o propio consumidor ata o hosteleiro galego.

As adegas están a facer o seu traballo de forma impecable, así e que quizás habería que mirar os outros dous “actores”, facer algunha reflexión, e plantexarse algún cambio cara a outra actitude mais evolutiva; o consumidor galego ampliando o seu propio horizonte, “rachando a rutina” e “atrevéndose a desfrutar” doutras sensacións probando “algo novo” e os profesionáis hostaleiros galegos, ampliando a enorme e rica oferta dos nosos viños, coñecéndoos mellor, apreciándoos dun xeito convencido, e ofrecelos e dándolle o seu verdadeiro valor aos seus clientes e consumidores finais sen ningún tipo de complexo. “A información e o coñecemento enriquecen e amplían as posibilidades de ser feliz”.

Non perxudicaría un golpe de efecto, dándolle a prioridade que merecen poñendo en todas as cartas e pizarras de bares, viñotecas e restaurantes, primeiro os viños galegos ordenados por D.O. e variedade de uva, e aportando a máxima información posible.

Temos produtos da máxima calidade, por fortuna diferentes, e que nada teñen que envexar a outros grandes caldos do mundo, sen esquecer que vén sendo tempo de darlle o valor que teñen e saber degustalos, que por outra banda ben o merecen os “nosos padais” e sobre todo os colleiteiros, que tanto esforzo poñen en facilitarnos tanto pracer.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez Delgado.

Mas información
http://servino.net
https://osil.info/colleita-de-grandes-ouros-e-premios-ampelos-para-as-ddoo-da-galicia-interior/

Artigos relacionados

Back to top button