En portadaÚltima hora

Comezan a desaloxar tamén Biobra (Rubiá)

O incendio forestal en Rubiá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O imparable incendio que afecta a Valdeorras segue achegándose a núcleos de poboación, tras pasar por Éntoma (O Barco), arestora pasou á Veiga de Cascallá (Rubiá) e tamén se aproxima á localidade de Biobra (Rubiá), onde tamén se está empezando a desaloxar aos veciños, tal e como puido confirmar este periódico.

A veciñanza está desesperada e estase resistindo a marchar e están sacando mangueiras de rego, entre outro material, para tratar de evitar que o lume chegue ás casas. A veciñanza fala de falta de medios de extinción que eviten o avance das chamas.

Finalmente, segundo puido saber este medio, os veciños foron desaloxados para A Barosa, non nos deixaron pasar en dirección ao Barco.

O lume está xa no Castelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button