OurenseÚltima hora

Comezan as obras de mellora na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea

Os traballos comprenden a reparación de danos superficiais, a renovación do firme e o repintado das marcas viais, entre outros aspectos

Imaxe das obras na AG-53. / Foto: cedida.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ven de iniciar as obras de mellora na AG-53, no tramo comprendido entre Dozón (Pontevedra) e San Cristovo de Cea (Ourense). Os traballos, aprobados no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos, contan cun orzamento de 4,8 millóns de euros.

As obas centraranse na reparación de danos superficiais da estrada, o fresado de taboleiros de pasos de vigas e a reposición do fime na vía principal e nos ramais do enlace a San Cristovo de Cea. Tamén se repintarán as marcas viarias e reporanse os captafaros e outros elementos de balizamento.

Artigos relacionados

Back to top button