Pechando o mes de outubro, mañá martes día 31, Larouco celebrará o seu Magosto organizado pola Asociación Elena Morana e a Comisión de Festas de Larouco coa colaboración do Concello. Será a partir das 19 horas no pavillón municipal (recinto ambientado con calefactor) cun menú (3 euros) a base de castañas asadas, bolo preñado, bica, viño e licores.
Para os nenos haberá colchonetas gratis e a música correrá por conta dun dj.