OurenseÚltima hora

Complexo rescate dun ciclista que sufría unha caída en Oímbra

Publicidade

 

Un ciclista que percorría unhas pistas forestais en Oímbra sufría unha caída coa bicicleta, á altura do lugar de Videferre, ás 21:15h. de onte, luns 20 de xullo. Foi o propio deportista quen alertaba ao 112 para solicitar axuda.

“Nada máis recibir a chamada do alertante, os xestores do 112 puxeron en marcha o operativo de rescate, que resultou ser bastante complexo debido á importancia das lesións ocasionadas”, tal e como indica o 112 Galicia, matizando que este operativo duraba máis de catro horas.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os Servizos Sanitarios de Urxencias de Galicia-061 e, “tras valorar o estado do ferido optaron por derivar ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, foi evacuado en ambulancia e trasladado ata o Hospital de Verín”.

Ademais formaron parte do operativo a Garda Civil e os Bombeiros de Verín, que portaron a pé durante 200 metros ao ferido nunha padiola ata a ambulancia que o agardaba no pobo.

Artigos relacionados

Back to top button