OurenseÚltima hora

Concentración de Vehículos Vivenda no Mundil (Cartelle)

 

A pasada fin de semana a área de vehículos vivenda do Mundil, no concello ourensán de Cartella, acollía lugar unha concentración de Vehículos Vivenda (V.V.) organizada pola asociación estatal de V.V. La Peka. “O obxectivo era promocionar este lugar que combina natureza, zona de lecer, chorros de auga para a diversión de peques e non tan peques, pista de pádel, cancha de baloncesto e futbito, columpios… Todo iso dentro dun completo centro ecuestre no que puidemos coñecer a Diamante, un fermoso cabalo branco de gran porte que é un dos figurantes do vídeo de Alejandro Sanz “un zombi á intemperie” rodado na provincia de Ourense. Tamén dispón de salón social para acoller eventos e unha zona de cantina que neste momento só dispón de máquinas expendedoras”, explican dende a asociación.

 

 

Así mesmo, dende esta entidade estatal de V.V. indican que “está área creada no 2009 foi pioneira no seu xénero xa que conta con zona de baleirado de grises e negras, toma de auga para o enchido de augas limpas; baños con duchas de fácil acceso para a mobilidade reducida, zona de lavado de louza, lavandería, grelladas, tomas de corrente para os vehículos e todo iso cunha tarifa super axustada para tal cantidade de servizos”.

 

 

Outro dos obxectivos deste encontro de autocaravanas era gozar dos produtos locais adquiridos nos comercios da zona, carnicería, ultramarinos, cafetería, panadería “recibindo deste último un servizo diario na propia área”.

 

 

“La Peka é fiel defensora da inclusión de todos os V.V. en todas as áreas coas que conta o territorio Español; comprometémonos con esas áreas que nos proporcionan as comodidades para que todos, socios ou non socios da mesma, poidamos gozar do que nos gusta coa nosa familia e o noso vehículo e boa compañía que vaia xurdindo por onde queira que nos movamos”, destacan dende a asociación, indicando tamén que este encontro busca “divulgar e poñer en valor está área e que siga por moitos anos que coa colaboración de todos os usuarios de V.V. podamos dar vida ao interior e aos pobos e xentes que día a día traballan duramente para que as súas localidades sexan coñecidas xa que nelas existen tesouros naturais, arqueolóxicos e culturais. Grazas ao Mundil por tan boa acollida”.

Fotos: La Peka.

Artigos relacionados

Back to top button