
Na mañá deste xoves 28 de agosto dende o Concello da Rúa informaban de que seguían a demandar das administracións competentes en materia de extinción que “aceleren os traballos para evitar que esta situación de inacción se prolongue unha xornada máis”, lembrando que o día 8 de setembro comeza o curso escolar e que hai dous centros situados no radio de acción máis próximo ao vertedoiro polo que “de ningún xeito ese lume pode permanecer activo nese momento”.
De aí que convoquen unha concentración para “reclamar a extinción do lume no vertedoiro” o domingo 31 de agosto ás 12 horas na praza do Concello da Rúa.