CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Concerto da Orquestra Clásica do Conservatorio de Música de Ourense, no Barco

 

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollía dende as 19h. dste 28 de maio un concerto da Orquestra Clásica do Conservatorio de Música de Ourense, dirixida por Raquel Carrera Álvarez. Dela forma parte algún alumno do Conservatorio de Música barquense.

O seu repertorio abríase co «Notturno», con moto tranquillo de «Ein Sommernachtstraum», opus 24 (1826) de Félix Mendelssohn Bartholdy (1809-1847). Despois interpretaban o “Concerto para clarinete e orquestra en La Maior, Kv. 622 (1791)” de  Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) e o segundo movemento Adagio coa clarinete solista Estela Rodríguez Rodríguez.

O programa completábase coa Sinfonía nº 6 en Do Maior, D. 589, «Pequena sinfonía» (1818) de Franz Schubert (1797-1828): – Adagio – Allegro- Andante- Scherzo. Presto – Trio. Piú lento- Allegro moderato.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button