CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto de Reis da Coral de Verín

Celebrábase na tarde do 6 de xaneiro na igrexa da Mercé desta vila

Con música celebrábase o día de Reis en Verín. A partires das oito da tarde deste 6 de xaneiro a igrexa da Mercé da vila acollía a XXIV edición do Concerto de Reis, organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música.

No seu decurso a Coral de Verín interpretaba un amplo repertorio de panxoliñas, todas elas adaptadas e arranxadas para a coral por Edelmiro Mateo. Neste concerto colaboraron a Comunidade Mercedaria e Concello de Verín.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button