
Con multitude de actividades diversas e para todas as idades celebraranse as vindeiras festas do Nadal en Viana do Bolo. O Concello vén de facer público esta mañá o seu programa, que se iniciará o vindeiro 10 de decembro coa visita do paxe real que recollerá as cartas dos meniños aos Reis Magos na parroquia.
Ademais a programación inclúe actividades como O Barrio de Belén, unha recreación no nacemento na zona antiga da vila, ludoteca, actuacións como as de Antonio Barros e IAlma, Paco Nogueiras ou o grupo valdeorrés Son do Sil, que volverá aos escenarios tras unha longa tempada sen actuar.
Tamen visitarán Viana Os Bolechos e, por suposto, os Reis Magos o día 5 coa súa tradicional cabalgata.