CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concertos da Escola de Música e do Conservatorio do Barco

As actuacións teñen como escenario o Teatro Lauro Olmo do Barco

Dende primeiros de xuños os alumnos da Escola de Música e do Conservatorio do Barco veñen participando nunha serie de actuacións coas que estes centros pecharán o curso 2013/2014. O broche definitivo porao Matías Diéguez Redondo, de sexto de guitarra, quen tocará o 24 de xuño ás 20 h. no Teatro Lauro Olmo. Será o seu concerto de fin de grao profesional de música.

Por ese mesmo escenario pasaron días antes outros compañeiros seus botando man de diferentes instrumentos. Tampouco faltou o grupo de canto. Así o 3 de xuño ás 20h. houbo unha audición de violín e violoncello de alumnos da escola e do conservatorio. Unha semana despois, o 10 de xuño, tamén ás 20h., tiña lugar unha audición de piano de estudantes dos dous centros barquenses.

Ademais o 12 de xuño celebrabanse audicións conxuntas de alumnos de música e doutras formacións ás 17:30h.
E xa o día 17 de xuño tiña lugar, cun Teatro Lauro Olmo ateigado de público de todas as idades, o concerto fin de curso da escola e do conservatorio.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button