
Cun dobre concerto rematará o curso o alumnado e o profesorado do Conservatorio e da Escola Municipal de Música do Barco, no Teatro Lauro Olmo do Barco. En ambos casos a entrada será de balde. O primeiro deles está previsto para o 19 de xuño ás 20h. e nel actuarán diferentes formacións: un trío de música Moderna, o coro, a Orquestra de Corda, Grupos de Saxofóns e Grupo de Música Folk.
Finalmente, o día 20 tamén ás 20h. poderá escoitarse a o conxunto de música moderna, cun amplo repertorio.