CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Conclúe a viaxe do alumnado de Vila Real ao Barco polo programa de Intercambios do Eixo

 

Logo dun intenso, interesante e mesmo divertido programa de actividades vén de concluír a viaxe a Valdeorras que estudantes dun centro de Vila Real (Portugal) iniciaban o 8 de maio. Eran recibidos na mañá de onte no CEIP Condesa de Fenosa do Barco, colexio que visitaba semanas atrás Vila Real a través do Programa de Intercambios Culturais do Eixo Atlántico. Agora os escolares lusos, acompañados por profesores, devolvíanlles a visita cun programa que incluía actividades no CEIP Condesa de Fenosa, pero tamén visitas ao Castro, unha ruta turística polos lugares máis emblemáticos do Barco e tamén ao sector da lousa.

 

 

 

A visita concluía neste mediodía cun acto no Concello do Barco, onde o alumnado barquense e portugués era recibido por membros do grupo de goberno no Multiusos. Alí a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, despedía esta visita, que valoraba moi positivamente e confiaba en que puidera ter continuidade no vindeiro ano. Tamén as representantes de Vila Real agadecían a acollida e destacaban o interese desta iniciativa de intercambio así como a importancia de establecer contactos entre o alumnado e as propias vilas. Despois, o alumnado era agasallado cuns detalles por parte do Concello do Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button