EconomíaEconomíaÚltima hora

Concorrida e animada mañá de feira en Castro Caldelas

 

O centro de Castro Caldelas ateigábase esta mañá de persoas que percorrían os diferentes postos de alimentación, artesanía, roupa, calzado, plantas, artesanía, apeiros de labranza… e, por suposto, de pulpo, da feira que celebraba neste 18 de agosto na vila. De feito, esta feira está considerada a máis grande do ano e, nesta ocasión, incluía tamén no Toural unha feira de compra-venda de gando.

 

 

A mostra estendíase polas proximidades do Concello e a ambos lados da estrada principal, mentres se contaba coa colaboración de Protección Civil de Castro Caldelas para regular o tráfico. Ademais a praza do Santuario dos Remedios acollía unha feira de produtos locais e artesanía na que podían adquirirse doces e fariña de castañas, mel e produtos apícolas, ademais de licores artesáns e artesanía en diversos materiais como o coiro.

 

 

Veciños e visitantes aproveitaban tamén para gozar das tapas dos bares, tomar uns viños e rematar xantando o tradicional polbo á feira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button