En torno ás oito e media da tarde deste vernes 31 de maio, tras as exhibicións de ballet e ximnasia rítmica, a praza do Concello do Barco acollía a demostración de zumba infantil e de seguido unha multitudinaria e animada masterclass de zumba a cargo da monitora, Rocío.
Primeiro realizaban uns exercicios de quecemento e a acontinuación desfrutaban de varios bailes ao ritmo dalgúns dos temas máis movidos do panorama musical.
Estaba aberta a todas aquelas persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa a iniciativa das Escolas Deportivas Municipais do Barco.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.