CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concurso da Constitución anima a debuxar a organización territorial do Estado

Publicidade
Esta XXXIV edición, convocada pola Subdelegación do Goberno, expón aos escolares da provincia que representen o Título VIII da Carta Magna
María Luz Fernández e Roberto Castro na presentación do concurso. // Foto: Carlos Asensio.

Título VIII da Constitución Española: “De la Organización Territorial del Estado”. Así arranca este capítulo da carta magna do ano 1978 no que se describe como se organiza o país. A través disto, a Subdelegación do Goberno anima a que os escolares da provincia representen, a través dun debuxo, “a que representen esas pezas que compoñen o gran puzzle que é España”, asegurou o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, na presentación de hoxe, 26 de outubro, deste concurso.

Castro estivo acompañado pola Xefa Territorial de Educación en Ourense, María Luz Fernández, que animou a toda a comunidade educativa a que participe neste concurso.

Os gañadores do mesmo daranse a coñecer na gala que se celebrará o vindeiro 6 de decembro, Día da Constitución.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button