ConcellosÚltima hora

A Confederación Hidrográfica e a Deputación reformarán o paso sobre o río Gorgua, en Padrenda

O proxecto terá un custo de 100.000 euros e será cofinanciado, ao 50%, por ambas as dúas institucións grazas a un convenio asinado hoxe na Deputación
Manuel Baltar, Manuel Pérez e Francisco Marín.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asinou hoxe, 11 de abril, un convenio coa Deputación para a realización dos traballos de substitución do actual paso sobre o río Gorgua, no núcleo de A Granxa, no termo municipal de Padrenda.

O acto de sinatura foi esta mañá na Deputación de Ourense coa sinatura do presidente da CHMS, Francisco Marín; o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o alcalde do municipio, Manuel Pérez.

O obxectivo deste proxecto é a substitución dunha obra de paso que mellore a premeabilidade lonxitudinal do cauce, tanto hidráulica como á fauna presente, eliminando ao mesmo tempo o risco de comporta o uso do vial.

O orzamento para esta obra, que ascende a 100.000 euros, será achegado ao 50 % pola Deputación de Ourense e a CHMS, mentres que o Concello de Padrenda porá a disposición os terreos necesarios para levar a cabo a construción da dita infraestrutura. O prazo de execución das diversas actuacións está estimado en tres meses.

Artigos relacionados

Back to top button