SanidadeÚltima hora

Conferencia sobre os dereitos do neno hospitalizado, no Barco

Será promovida o 18 de novembro por De Nai a Nai e impartida por Ana María García, asesora legal e consultora especializada
Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O local do “Grupo de Apoio á lactancia e crianza con apego. De Nai a Nai”, situado no segundo andar da Casa da Xuventude do Barco, acollerá o 18 de novembro ás 17:30h. unha charla-coloquio sobre “Os dereitos do neno hospitalizado”. Nela a vianesa Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres, abordará cuestións como se un pai ou nai pode acompañar ao seu fillo mentres lle realizan unha proba médica ou lle colocan un soro ou se pode permanecer continuamente con el no caso de estar ingresado nunha UCI pediátrica.

Esta charla será organizada por De Nai a Nai en colaboración con Femlegal.

Artigos relacionados

Back to top button