CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Uns 150 estudantes dos institutos do Barco asisten a unha sesión informativa sobre violencia sexual

 

Na mañá deste xoves 9 de xaneiro uns 150 estudantes do IES Lauro Olmo e do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, asistían a unha actividade sobre igualdade no Teatro Lauro Olmo.

 

 

Tal como avanzan dende o Concello, O Barco foi seleccionado pola Consellería de Política Social e Igualdade para levar a cabo accións reservadas para as entidades locais da rede de loita contra a violencia de xénero, no marco do acordo de colaboración asinado coa FEGAMP.

 

 

A petición da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade, o Concello presentaba unha charla informativa sobre “agresións sexuais e violencia sexual”, que hoxe era impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en Estudos de Xénero e Políticas de Igualdade que propuxo un debate entre os asistentes, sempre “co respecto” como bandeira.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button