OurenseÚltima hora

Consellos da Policía Nacional para maiores fronte a posibles estafas ou delitos contra o patrimonio

Non se debe permitir acceso ao domicilio de persoal de servizos non solicitados, nin se deben facilitar datos personais nin bancarios a descoñecidos

Publicidade

No marco do actual estado de alarma decretado polo goberno español para facer fronte á expansión do coronavirus, a Policía Nacional lembra que “durante este tempo, débense ter en conta unha serie de precaucións para evitar ser vítimas dalgún tipo de estafa, precaucións que han de observarse especialmente polas persoas máis maiores, que son máis vulnerables ante este tipo de feitos delitivos”.

Neste senso, a Policía Nacional, lembra que non se debe abrir a porta nin deixar entrar no domicilio a:

  • persoas que manifesten pertencer a empresas de subministros do fogar, se non se teñen solicitado.
  • aos que digan ser técnicos, médicos, enfermeiros ou servizos sanitarios, que acuden a realizarlle a proba do coronavirus ou a desinfectar o domicilio.
  • Distribuidores de mascarillas e guantes que afirmen representar á Administración
  • Aqueles que manifesten ser repartidores de alimentos dunha gran superficie.
  • Desconfíe daquelas personas que lle ofrecen remedios milagrosos contra o coronavirus.
  • Non proporcione datos personais nin datos bancarios a través do teléfono a descoñecidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button