PolíticaÚltima hora

Constitúense os comités comarcais do PP de Caldelas, Viana e Trives

 

Os representantes populares nas comarcas de Caldelas, Viana e Trives reuníronse esta tarde na Pobra de Trives para constituír os comités comarcais que o líder provincial do PP, Luis Menor, vén de impulsar por todo o territorio ourensán para coordinar a actividade política en toda a provincia.

Nesta convocatoria participaron os alcaldes, portavoces e concelleiros de 11 concellos: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

Como representantes dos citados comités foron elixidos Roberto González, portavoz no Concello de Trives, e Alejandro Pérez, concelleiro en Castro Caldelas.

Luis Menor explicou a función destes órganos, deseñados para facer presente o partido por todo o territorio, pero tamén para “afrontar unhas eleccións esenciais para a estabilidade e o progreso en Galicia, como só o PP sabe facelo”.

Artigos relacionados

Back to top button