Continúa a recollida solidaria de comida e produtos de primeira necesidade no Barco para enviar á Comunidade Valencia en dous puntos: os establecementos Café Teatro Bajo 5 e Recetas de la Abuela. O vindeiro luns 11 de novembro está previsto que saía unha nova furgoneta rumbo a terras valencianas con máis comida, produtos de limpeza, cueiros, máscaras. Sen embargo, polo de agora queda paralizado o envío de roupa, prendas de abrigo e mantas, xa que é un material que nestes momentos non admiten alá.
“Queremos que a xente saiba que sentimos moito non poder cumprir coa poboación que fixo esas doazóns, pero resúltanos imposible en estos momentos porque dixéronnos que non nolo ían recoller. Aínda así a nosa idea é manter aquí este material de cara unha campaña de Nadal na que, ademais diso, imos enviar xoguetes e doces navideños para alá. O mes que vén imos intentar mandar un tráiler ou furgonetas con este material, sobre todo, para poder cumprir coa palabra dada ás persoas que doaron e nos axudaron”, explican as promotoras da iniciativa.
A furgoneta que está previsto que saia a vindeira semana irá directamente á poboación afectada, non irán a puntos de recollida como nesta semana, para facilitar que lle chegue á xente. Neste senso, están contactando, a través de familiares valdeorreses, con persoas de lugares afectados. “A xente séguenos pedindo axuda e nós imos darlla na medida na que poidamos”, conclúen.
Fotos: O SIL.