ConcellosÚltima hora

Continúa o proceso de desafiuzamento das instalacións de Irosa e Samaca

 

O proceso de desafiuzamento das instalacións das empresas Irosa e Samaca, no municipio de Carballeda de Valdeorras, segue en marcha. Apenas unhas horas despois da multitudinaria manifestación de apoio aos traballadores que percorría a vila do Barco na pasada tarde, dende a CIG, que forma parte do comité de empresa xunto a CCOO; vén de confirmarse que xa hai data para completar a execución do desafiuzamento do resto de instalacións destas empresas.

Será a finais de novembro, se é que antes non se chega un acordo entre as partes. “Os traballadores deben sabelo posto que lle afecta directamente, indican dende a CIG. Hai que lembrar que os traballadores impedían o pasado 19 de setembro o acceso ás naves e que se completase a execución do lanzamento.

Os representantes sindicais xa anuncian que tratarán de impedir esta execución e lembran o lema baixo o que se realizaba a organización “Irosa non se pecha”.

Artigos relacionados

Back to top button