OurenseÚltima hora

Continúa o verán cultural de Barbadás coa actuación de “Inventi”

O evento será o vindeiro xoves, 13 de agosto, ás 21h no Parque dos Patos da Valenzá

O grupo de teatro “Inventi” visitará a localidade da Valenzá (Barbadás) para representar a súa obra “A tropa do doutor Milagre”. A cita será este xoves, 13 de agosto, ás 21h no Parque dos Patos. Esta actividade enmárcase dentro da programación de “E no verán? Refréscate coa Cultura”, un proxecto organizado pola concellería de Cultura de Barbadás que programa actuacións teatrais cada xoves nos meses de estío.

A obra ten unha duración aproximada de 45 minutos e considerase apta para todos os públicos. Narra a historia do excéntrico doutor Milagre, un médico e inventor arruinado que se fai cun autobús para vender os seus “efectivos” produtos de forma ambulante. Risas, improvisación, xogos, baile e música enchen este divertido espectáculo.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button