
A Consellería do Medio Rural vén de informar de que o lume rexistrado na parroquia de Meiraos, no concello lucense de Folgoso do Courel, está controlado. Este incendio comezou ás 23:43 h. da pasada noite e quedou controlado ás 20:05 h. desta tarde.
Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, aínda que arestora xa está desactivada ao non haber perigo para núcleos de poboación.
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 4 avións.