ConcellosRubiáÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Rubiá

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima, quedou controlado ás 20:59 h desta tarde de 13 de agosto.

O lume comezaba ás 18:06 h. deste xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas provisionais.

No seu control levan participado 4 técnicos, 16 axentes, 39 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 9 avións e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Artigos relacionados

Back to top button