EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio para a posta en marcha en Galicia do Plan Estatal de Vivenda

O documento era asinado o 5 de setembro en Santiago pola ministra de Fomento e polo presidente da Xunta
A ministra de Fomento e o presidente da Xunta, no Pazo de Raxoi.
A ministra de Fomento e o presidente da Xunta, no Pazo de Raxoi.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, asinaban na tarde do 5 de setembro o convenio para poñer en marcha en Galicia o Convenio para a execución do Plan Estatal de Fomento do aluguer de Vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas.

A través do convenio asinado, transferiranse dende o orzamento do Ministerio de Fomento á Comunidade Autónoma de Galicia 35 millóns de euros polas subvencións previstas no plan, ao que hai que engadirlle as
cantidades destinadas ás subsidicacións de préstamos de vivenda a residentes na comunidade e outras subvencións correspondentes ao periodo de transición entre os plans anteriores e o novo. Todo isto supón un investimento total por parte de Fomento de 128,3 millóns de euros, segundo informa o propio ministerio.

Ademais á inversión que destina Fomento a este plan (que inclúe axudas ao aluguer, á rehabilitación de vivendas e á subsidiación de préstamos hipotecarios), hai que sumarlle a aportación de Galicia.

O presidente da Xunta aseguraba no acto da sinatura que este proxecto está caracterizado polo seu compromiso e sensibilidade coa situación actual, así como pola súa orientación cara a un futuro racional e sustentable nesta materia, e coincide así cos grandes eixes da política de vivenda que vén desenvolvendo a Xunta. Tamén resaltou que o plan beneficiará a 20.000 persoas na comunidade ata 2016 e permitirá a Galicia continuar como referente nacional en rehabilitación.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button