EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio para apostar pola valorización do mel e polas súas potencialidades

A Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia, a IXP Mel de Galicia e Adercou veñen de asinar un acordo de colaboración

Acto da sinatura do convenio en Ourense.

A Facultade de Ciencias da Educación de Ourense acollía ás 10:30 deste luns 9 de marzo a sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou). Este acordo representa “a aposta conxunta para traballar na valorización do mel e das súas potencialidades”.

O acto contaba coa presenza do director xeral da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois quen cualificou o mel de Galicia como “un dos manxares máis apreciados”, grazas ao traballo levado a cabo polos apicultores da comunidade que, ademais de caracterizarse polo “coidado exquisito das súas colmeas”, non renuncian “á innovación necesaria para competir e poder vivir” da súa actividade.

O director xeral da Agader rematou poñendo de relevo que o Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou conseguise unir no convenio tanto o sector produtor e transformador do mel como a Universidade de Vigo xa que, engadiu, a aposta investigadora será “unha estupenda aliada na difusión dos resultados acadados”. Así mesmo, apuntou, “a Universidade terá unha nova oportunidade de demostrar a súa capacidade de estar ao lado da realidade rural e ser colaboradora necesaria no seu desenvolvemento”.

Artigos relacionados

Back to top button