
Nun comunicado que acaba de facer público a CIG anúnciase que o comité de empresa de Autoneum Spain, pertencente ao sector da automoción e con sede na Rúa, vén de convocar “unha folga indefinida o 12 de xullo ante a negativa da empresa a equiparar as condicións de traballo que aplica noutras fábricas que ten no Estado español”.
No citado comunicado tamén se critica a forma de realizar as contratacións “mediante empresas de traballo temporal (ETT)” e matizan que ao redor “dun 10% do cadro de persoal está contratado por este sistema”. E iso “a pesar de que estamos a falar dunha das plantas máis rendíbeis de todas as que este grupo suízo dedicado á fabricación de componentes para o sector da automoción ten no conxunto do Estado español”, segundo se asegura por parte do comité de empresa.