CulturaCulturaÚltima hora

A Coral de Ruada concédelle a “Rebulir” o premio Xabier Prado “Lameiro”

O acto de entrega será o vindeiro venres, 19 de xaneiro, no Teatro Principal de Ourense

O VIII Premio Xabier Prado “Lameiro” que organiza a Coral de Ruada para “premiar, de xeito simbólico o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas”, foille concedido á Asociación Cultural “Rebulir” de Ramirás.

O acto de entrega deste premio terá lugar o vindeiro venres, 19 de xaneiro, no Teatro Principal de Ourense a partir das 20:30 horas.

Ademais do acto institucional, contará coas actuacións do grupo de teatro Xabier Prado “Lameiro”, da Coral de Rurada, que debutará ante o público ourensán; a Asociación Cultural “Rebulir” de Ramirás e pechará o acto a Coral de Ruada.

A entrada será totalmente libre até completar aforo, recollendo as invitacións no propio Teatro Principal.

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button