CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Cores, Contos e Rock´n Roll” con Paco Cerdeira en Viana do Bolo

Esta proposta que mestura música, con contos e debuxos poderá verse o 19 de setembro ás 16:30h. na Casa da Cultura

 

Historias acompañadas de melodías da man de Paco Cerdeira, “Pakolas”. Este músico recalará o vindeiro 19 de setembro en Viana do Bolo co seu espectáculo “Cores, Contos e Rock´n Roll”, que aposta pola interacción entre os nenos e a música, envolta por contos, e tamén polas cores e debuxos de Laura Romero, quen o acompaña nesta actividade.

Esta actuación, dirixida a público infantil e familiar, será ás 16:30h. do vindeiro xoves día 19 na Casa da Cultura vianesa. Está baseada no libro-cd de “Pakolas”: “Cancións para rockear, para soñar e tamén sobre todo, para aprender” que está dispoñible na Biblioteca de Viana.

Esta proposta está dentro do Programa Ler Conta Moito 2019 para a dinamización das Bilbiotecas Públicas.

Artigos relacionados

Back to top button