ConcellosÚltima horaVilamartín

Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) honra a Santa Marta

 

A localidade de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) celebra nesta fin de semana as súas festas patronais. Os actos comezaban xa onte cunha verbena a cargo da orquestra Solara. E hoxe, 29 de xullo, viven o seu día grande. Ao mediodía a veciñanza sacaba en procesión, portada por varias mozas, a imaxe de Santa Marta, mentres soaba a música da charanga CLK. Despois tiña lugar a misa, oficiada polo sacerdote Jesús Álvarez.

 

 

Esta mesma charanga ofrecía despois unha sesión vermú e pola tarde haberá festa e verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven.

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button