OurenseÚltima hora

Correos axuda aos peregrinos no Camiño cunha novidosa web

Este portal incorpora información sobre as rutas, lugares de interese, aloxamentos, teléfonos…
Avelino Rodríguez, Jesús Vázquez e Ángel Pérez. 

Correos vén de presentar hoxe, 12 de xullo, en Ourense a súa páxina web “www.elcaminoconcorreos.com”, destinada a axudar aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, tanto na súa preparación, como ao longo da súa ruta ou na súa volta a casa. Ao acto asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director de zona de Correos, Ángel Pérez, e o director da oficina principal, Avelino Rodríguez.

O portal que Correos vén de pór en marcha para cubrir distintas necesidades dos peregrinos, oferta información detallada sobre nove Rutas Xacobeas: O Camiño Francés, o Primitivo, O Camiño do Norte, O Camiño Inglés, o Camiño a Fisterra, a Vía da Prata, o Camiño Portugués, o Camiño Sanabrés e o de inverno.

No Camiño Sanabrés, tamén coñecido como o Camiño Mozárabe, parte de terras zamoranas ata Santiago atravesando a provincia ourensá até chegar á capital Compostelá. Na páxina web, os peregrinos poderán atopar a descrición de cada unha das etapas do Camiño, os aloxamentos, teléfonos de interese e tamén os consellos dos carteiros da zona que recomendan visitar diferentes lugares como a colexiata de Xunqueira de Ambía, a Catedral de Ourense, as súas termas e prazas, probar o pan de Cea, etc.

Esta web permite, tamén, descargar toda a información para que os peregrinos poidan levala comodamente mentres realizan a súa ruta e gozar dos blogs con información actualizada, ademais dun consultorio onde enviar as súas preguntas aos carteiros do Camiño para solucionar as súas dúbidas.

Artigos relacionados

Back to top button