
O Concello de Vilamartín vén de informar a través das redes sociais de que na tarde de onte, “despois do aviso dun veciño que se decatou de que finalmente un lateral da pasarela de Penouta descolgouse, decidimos pechar o acceso á mesma ata novo aviso polo gran perigo que supón”.
Ademais, o Concello lembra que “a obra para o seu arranxo xa está contratada e adxudicada pola Deputación de Ourense e estamos á espera que a empresa empece os labores canto antes”. Dende esta administración local pídese desculpas á veciñanza “polas molestias ocasionadas” e pide precaución e que non se pase por ese punto.