ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Cortado un carril da OU-533 ao seu paso pola vila de Viana pola caída dun muro

 

Esta tarde vén de producirse o desprendemento de parte dun muro na céntrica rúa Liberdade na vila de Viana do Bolo, pola cal transita a estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña). A caída do muro arrastraba parte da beirarrúa e causaba problemas nunha canalización de auga do lugar.

Ante a situación e a posibilidade de que este muro poida seguir desmoronándose, o Concello de Viana do Bolo tomaba a decisión de cortar un carril da estrada o tráfico como medida de precaución, tendo en conta ademais que esta estrada é moi transitada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button