Nova marca de Cristian García, do RMC Motorsport, e o seu Ford Fiesta. O piloto volveuse facer co Tramo Cronometrado 5, en Esgos. A saída dábase hoxe, 10 de xuño, cara ás 10:25 horas.
Tras facer unha brillante actuación onte na Peroxa e Toén-Castrelo, o piloto volve revalidar a súa primeira posición nesta quinta etapa cun tempo de 9 minutos 17 segundos neste tramo de 15,42 quilómetros. Tras el, Suárez, que quedou a só tres segundos de García. Seguidamente, en terceira posición, o galego Iván Ares conseguiu unha marca de 9:23.029, é dicir, que se sitúa a só 5.53 segundos do primeiro da lista. A cousa está moi reñida entre os tres primeiros, xa que na clasificación xeral Suárez está só a 25 segundos de García, con 1:05:00.6 e 10:05:25.7 respectivamente. Pero Iván Ares non se queda moi atrás, xa que só está a 44 segundos de García.
En cuarta posición quedou o galego Pedro Burgo, do ACSM Rallye Team, que fixo unha marca de 9:23 e, en quinta posición Surhayen, cun tempo de 9:33.
Os tempos e as carreiras en directo na seguinte ligazón: http://online3.atodomotor.com/online/2017/ourense/5/1/rally-1.html?