CulturaCulturaÚltima hora

“Cultiva Cultura 2020” para coñecer Pantón

As actividades están organizadas pola Asociación Segredos de Pantón e durarán ata o mes de setembro

Publicidade

 

A Asociación Cultural Segredos de Pantón programa unha serie de actividades para os meses de estío baixo o proxecto “Cultiva Cultura 2020”. Dende a organización indican que con esta iniciativa, que comeza o vindeiro 31 de xullo, pretenden dar aos veciños do rural unha oferta cultural de calidade, “como tamén teñen as grandes vilas e as cidades”. Debido á situación de crise sanitaria, o aforo estará limitado a un total de 35 persoas, o uso de mascarilla será obrigatorio e na programación evitáronse os actos en espazos pechados. Na actividade tamén colaboraron a Asociación de Veciños de Toldaos, Morcegos de Galicia e os veciños dos Peares.

Os interesados poderán facer a reserva mediante o correo electrónico segredosdepanton@gmail.com; as contas de Twitter, Instagram e Facebook da Asociación, e por vía teléfonica ou WhatsApp ao número 662 669 223. A continuación, o programa completo:

31 de xullo: Paseo nocturno por Toldaos

“Cultiva Cultura 2020” dará comezo cun paseo nocturno ás 21:30 pola aldea de Toldaos, no concello de Pantón. Na actividade, os asistentes coñecerán as historias de meigas, pantasmas e meigallos desta parroquia “que sempre tivo sona polas súas reunións de meigas e por albergar un gran número de bruxas entre as súas veciñas”.

16 de agosto: Demostración de fabricación de tellas e ladrillos

O seguinte encontro será o 16 de agosto, ás 10:00, na explanada da Telleira do Baliño, no Castro de Ferreira. Alí, o último telleiro do Rosal, José Álvarez Alonso “O Buraco” amosará aos participantes cómo se elaboraban as tellas e ladrillos de maneira tradicional. Tamén fará de guía na Telleira do Baliño.

5 de setembro: Noite de Morcegos

Esta última cita estará conducida pola bióloga Ledicia Santos, de Morcegos de Galicia, quen falará sobre estos peculiares animais ao tempo que se observan no seu hábitat. Este encontro será ás 21:30h.

12 de Setembro: Paseo guiado pola vila dos Peares

Un grupo de veciñxs orgullosxs do seu lugar, contarannos historias dos comercios, casas e vivencias desta vila, en 2 provincias e 4 concellos. Esta actividade dará comezo ás 10h. da mañá.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

 

Fotos da galería: (1) Bosque caducifolio, propiedade de Segredos de Pantón; (2) Igrexa de Toldaos, propiedade de Daniel Castaño; (3) Ponte do ferrocarril dos Peares, propiedade de Segredos de Pantón; (4) Forno telleira, propiedade de Segredos de Pantón.

Artigos relacionados

Back to top button