En portadaEspecial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

Cun abarrotado tren fluvial arranca o L Descenso do Sil

Partía ás cinco e media da tarde da estación do Barco rumbo a Sobradelo, onde se daba a saída da proba

Ás cinco e media da tarde do 10 de setembro dábase a saída na estación de ferrocarril do Barco a un abarrotado tren do L Descenso do Sil. Unhas 400 persoas subíanse a el para achegarse ata a saída desta proba de piragüismo que partía ás seis baixo a ponte de Sobradelo. Mentres os pasaxeiros subían ao tren agasallabáselles dende o Concello do Barco cun pano branco conmemorativo desta edición. Entre eles estaban Os Palletas, que animaban o traxecto coa súa música tradicional.

Ao chegar a Sobradelo buscábanse os mellores lugares para ter a mellor vista da espectacular saída desta regata. Algúns optaban por achegarse ao Mesón Museo, cun miradoiro privilexiado para non perder detalle do comezo desta proba.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos sobre o descenso:
https://osil.info/nova-vitoria-en-k-2-de-jesus-rodriguez-no-l-descenso-sil/

Artigos relacionados

Back to top button