En portadaEspecial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

Nova vitoria en K-2 de Jesús Rodríguez no L Descenso do Sil

O Fluvial Barco lograba o terceiro posto por clubs nunha proba na que competía o olímpico Cristian Toro

Suma e segue. Jesús Rodríguez (Club Fluvial Barco) vén de facerse coa súa decimo quinta vitoria consecutiva no Descenso do Sil. Desta vez en K-2 senior e nunha edición moi especial, xa que a cita celebra, con moi boa saúde, os seus 50 anos de vida. Ás seis da tarde partían, augas abaixo da ponte de Sobradelo, ao redor de 350 padexeiros (en diversas categorías en K-1, K-2 e canoa) dunha trintena de clubs galegos, pero tamén doutros puntos de España como Castela León, Asturias ou mesmo Andalucía.

Ao redor das seis e vinte da tarde o primeiro K-2 senior chegaba á meta. Era o do barquense Jesús Rodríguez, que compartía embarcación desta volta con Guillermo Fidalgo. Tras cruzar a meta aloraba de maneira moi favorable a proba e resaltaba a complexidade da saída, moita máis que noutras ocasións, debido ás correntes. Nesta mesma categoría tamén competía Cristian Toro (Fluvial Lugo), ouro olímpico en Río, que recibía ademais unha homenaxe ao inicio do acto da entrega de premios no Malecón.

A ese mesmo escenario subíanse ata en media ducia de ocasión os membros do Club Fluvial Barco que conseguían ademais nesta 50ª edición ser terceiros por clubs. No acto de entrega de premios tamén se sorteaba un xamón entre os pasaxeiros do tren fluvial.

Entre as entidades que colaboraron no desenvolvemento da proba, que contaba coa presenza do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfonso Bea, estiveron as agrupacións de Protección Civil do Barco, Manzaneda, A Rúa, Petín, Quiroga, Vilardevós e A Pobra de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Máis fotos e información sobre o L Descenso do Sil:
https://osil.info/cun-abarrotado-tren-fluvial-arranca-o-l-descenso-sil/

https://osil.info/o-descenso-sil-celebra-o-seus-50-anos-e-mira-ao-futuro/

Artigos relacionados

Back to top button