En portadaÚltima hora

Cupa Group adquire Rinus Roofing Supplies, empresa inglesa especializada na distribución de materiais para cubertas

O acordo súmase á adquisición nos últimos dous meses de Pizarras Gallegas e Proinor, no marco dun plan de crecemento con especial foco nas vendas internacionais

 

Cupa Group, a compañía líder mundial en produción e comercialización de lousa, anunciaba o 3 de marzo a adquisición do 100% de Rinus Roofing Supplies, empresa especializada na distribución de materiais para cubertas, a través da súa filial Burton RoofingMerchants, o segundo distribuidor máis grande do mesmo sector en Reino Unido. Con esta operación, que se suma ás adquisicións nos últimos dous meses de Pizarras Gallegas e Proinor, Cupa Group está a reforzar a súa presenza no mercado británico e o seu liderado como primeiro produtor a nivel mundial de lousas para cubertas.

“A compra de Rinus demostra a confianza da compañía nas perspectivas a longo prazo da construción en Reino Unido e reafirma a súa aposta polo crecemento e a expansión internacional”, afirman dende a compañía.


120 millóns de libras de facturación

A adquisición de Rinus afianza a Burton Roofing, filial desde 2008 de CupaGroup, como o segundo maior distribuidor especializado en materiais para cubertas do Reino Unido. O novo grupo –formado pola suma de Burton e Rinus– terá unha facturación superior a 120 millóns de libras.

Liderado por PaulHattee, Burton Roofing pasará a operar agora en 37 almacéns, unha rede de distribución con cobertura para o 50% da poboación británica, que converterá á empresa nun provedor de referencia para a industria da construción. 24 centros de distribución e 184 empregados Rinus é o terceiro distribuidor máis grande de produtos para cubertas en Reino Unido, conta con 24 centros de distribución situados na illa de Gran Bretaña, 184 empregados en persoal e máis de 2.600 clientes.

Fundada no ano 2007, é unha empresa de tradición familiar que ofrece un completo catálogo de produtos para diferentes aplicacións en cubertas. A integración de Rinus en Cupa Group dará lugar a unha compañía cunha facturación consolidada moi próxima aos 400 millóns de euros e máis de 2.300 empregados en todo o mundo.

O conselleiro delegado de Cupa Group, Javier Fernández, destaca que “estamos encantados de darlle a benvida á familia Cupa a Rinus, unha empresa consolidada no mercado británico, cunha base de clientes sólida, e reputada pola innovación dos seus produtos e procesos. Xuntos traballaremos para cumprir o ambicioso plan de crecemento de Cupa Group, fortalecendo a nosa gama de produtos e expandindo a nosa presenza internacional.”

Sobre Cupa Group

Cupa Group é unha multinacional formada por 67 empresas que ten sociedades filiais en 9 países, 22 canteiras e exporta a máis de 70 países dos cinco continentes, empregando a máis de 2.300 persoas. As dúas principais liñas de negocio do grupo son Cupa Pizarras, o líder mundial en lousa natural, e Cupa Stone, os expertos en pedra natural.

En 1892 inaugúrase a súa primeira canteira, Solaina de Forcadas, en San Pedro de Trones (León). Hoxe, froito do acordo en 1968 de cinco empresarios que soñaban con vender a súa produción en todo o mundo, Cupa Group é un conxunto de empresas que operan en distintos sectores, reconocibles pola súa excelencia, innovación e compromiso coa contorna.

Sobre Burton Roofing

Fundada en 1982, Burton Roofing Merchants Ltd é un provedor de construción especializado na distribución de materiais para cubertas en todo o mundo. Fornecen lousa e tella e outros produtos aplicados en cubertas, como canlóns, láminas impermeables, equipos de protección individual, ferramentas, xanelas e escaleiras, entre outros. A empresa comercializa as marcas máis recoñecidas do sector no mundo para ofrecer a mellor calidade a prezos competitivos.

Sobre Rinus Roofing Supplies

Rinus Roofing Supplies Ltd é unha empresa distribuidora de produtos para cubertas con 24 almacéns no Reino Unido. Ten unha ampla experiencia na industria dos materiais para cubertas, combinada cunha aposta decidida polas solucións novas e innovadoras que lles permite abastecer a sectores crave. Rinus tamén ofrece asesoramento especializado, un alto nivel de servizo e unha ampla variedade de produtos en stock para satisfacer todas as necesidades dos seus clientes.

Artigos relacionados

Back to top button