
Nos meses de xullo e agosto a piscina municipal ao aire libre do Barco acollerá cursiños de natación para maiores de 4 anos, tal e como vén de informar o Concello. O prezo dos mesmos é de 30 euros e as inscricións poden realizarse nas instalacións da piscina.
