Do 13 ao 17 de setembro impartirase no Centro de Formación Agroforestal de Monforte de Lemos un curso de “Cata de aceite de oliva virxe extra (AOVE)”, promovido por AGACAL. Está destinado a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos do medio rural galego.
Esta acción formativa, cunha duración de 20 horas e cun horario que irá das 16h. ás 20h., será impartida polo Departamento de Protección da Calidade Diferenciada. Os obxectivos da mesma serán “aprender e coñecer os defectos dos aceites de oliva, así como valorar os atributos positivos que definen e describen un AOVE de alta gama segundo a súa valoración organoléptica”.